A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza unha Xornada de formación destinada aos/as coordinadores/as do Proxecto E-Dixgal, enmarcado dentro do proxecto Abalar.
O obxectivo deste encontro é informar sobre as novidades para o curso 2018-2019, así como a realización de obradoiros sobre o Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os contidos dixitais, a Ferramenta de Autor, a Maqueta Abalar, etc.
Esta Xornada terá lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, este venres 7 para as persoas coordinadoras de centros actuais E-Dixgal e o día 10 de setembro para as persoas coordinadoras dos centros E-Dixgal que se incorporan no curso 2018-2019.
A inscrición nesta actividade realízase enviando un correo electrónico a asesoria.tic@edu.xunta.es indicando o centro e o/a asistente (código do centro, nome do centro, DNI, nome e apelidos)
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/xornada-de-formacion-do-proxecto-e-dixgal
CEIP Wenceslao Fernández Flórez (Cambre) - edixgalformacion@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
A Consellería de Educación dálle un novo impulso ao proxecto E-Dixgal, enmarcado na Estratexia galega de educación dixital 2020, cun total d...
-
Manuais elaborados por MARTÍN PARDIÑAS FONDO abalar.cee@edu.xunta.es ASESORÍA ABALAR ZONA CEE Sede: CFR Vimianzo EDITORIAL AULAPLANET...
No hay comentarios:
Publicar un comentario